Sensomotriz e emocional
Neste grupo de traballo pretendemos aprender, debater, colaborar, compartir e construír propostas acerca da mellor maneira de entender a psicomotricidade. Pretendemos, tamén, poñer os medios para que nenos e nenas constrúan o seu desenvolvemento motriz, sensorial e emocional, que conforman un todo pero que necesitamos diseccionar para comprender as súas partes, a súa importancia e, sobre todo, a mellor maneira de encadralo nos currículos educativos e no traballo diario de aula onde a vivenciación e o movemento deben ser bases importantes para a aprendizaxe.
Linguaxe
Neste grupo pretendemos aprender, debater, colaborar, compartir e construír propostas acerca de como debemos entender os procesos lectores e escritores na sociedade do século XXI e a súa repercusión na escola. Cremos que é necesario analizar a importancia da expresión oral e a comunicación como elementos básicos para a aprendizaxe. Cremos, tamén, que debemos ter claros os procesos de introdución da lectura e a escritura no ensino, tanto en infantil como en primaria, e como afrontar o difícil reto da incomprensión lectora, o abandono lector e a información dixital.
Queres ser unha gota máis formando parte do grupo de Santiago?
Cubre o formulario de inscrición a grupos e porémonos en contacto contigo.