Difundir prácticas de educación viva e activa acordes co desenvolvemento da infancia.
Organizar formacións e compartir boas prácticas entre mestras e mestres e centros educativos co fin de acadar unha educación de calidade.
Sensibilizar á sociedade con aspectos relacionados coa infancia.
Promover unha educación que permita transformar a escola co fin de transformar a sociedade.
Crear redes comunitarias incorporando todas as etapas do ensino e todos os membros da comunidade educativa.