Mates e +
Partindo da vivenciación e a manipulación, os nenos e as nenas vanse aproximando nos seus procesos de desenvolvemento a períodos nos cales a simbolización, a abstracción e a xeneralización van adquirindo máis sentido na medida en que o seu desenvolvemento vaillo permitindo.
Neste grupo pretendemos aprender, debater, colaborar, compartir e construír propostas que podamos trasladar á aula, previa análise curricular, tendo en conta o adecuado proceso de adquisición dos saberes matemáticos.
Sensomotriz e emocional
Neste grupo de traballo pretendemos aprender, debater, colaborar, compartir e construír propostas acerca da mellor maneira de entender a psicomotricidade. Pretendemos, tamén, poñer os medios para que nenos e nenas constrúan o seu desenvolvemento motriz, sensorial e emocional, que conforman un todo pero que necesitamos diseccionar para comprender as súas partes, a súa importancia e, sobre todo, a mellor maneira de encadralo nos currículos educativos e no traballo diario de aula onde a vivenciación e o movemento deben ser bases importantes para a aprendizaxe.
Queres ser unha gota máis formando parte do grupo de A Coruña?
Cubre o formulario de inscrición a grupos e porémonos en contacto contigo.