Esta semana elaborei un xogo para traballar os seguimentos. A este obxectivo (prioritario), podemos engadir obxectivos secundarios pegando adhesivos no feltro e modificándoos.
Na mesma caixa podemos pegar, tamén, patróns para que continúen, atributos,… Pode adaptarse a infantil e primaria segundo os adhesivos que empreguemos.
Variantes:
- Adhesivos de numeración
- Adhesivos de cores (gradacións, secuencias…)
- …
Mover a caixa coas dúas mans co fin de introducir a bóla libremente ou tendo en conta algún criterio.
Non debemos esquecer a importancia da motricidade ocular e como inflúe na aprendizaxe. A visión vai máis aló da vista.