Un dos elementos da estrutura constitutiva da lóxica é a operatividade. A actividade que recollo nesta entrada permítenos traballar a transformación cun material imprescindible para o desenvolvemento da lóxica na etapa de infantil e primaria: os bloques lóxicos.
Partindo dunha figura inicial indicamos os criterios transformadores.
Neste caso transformamos un só atributo: F (forma)
Material:
- Bloques lóxicos
- Atributos de forma
Como podemos crear a figura inicial?
- Creación libre
- Mostrando unha imaxe ou obxecto. Por exemplo, no caso anterior, un boneco.
- Dependendo do curso, a partir de consignas, por exemplo, no caso da figura anterior: 3c2R1r