Available courses

O obxectivo é comprender con profundidade o proceso de aprendizaxe da lectura nas súas diferentes etapas e formas e adquirir recursos para poder acompañalo de forma vivencial, global e significativa. No curso falaremos sobre a importancia da lectura global significativa e reflexionaremos sobre os procesos madurativos do cerebro para que se desenvolvan unhas boas bases cognitivas. Achegaremos recursos pedagóxicos, propostas e criterios de seguimento para acompañar este proceso.